Dark Lyrics
SUBMIT LYRICS LINKS METAL LYRICS - CURRENTLY 13 800+ ALBUMS FROM 4500+ BANDS
ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ#

INVIVO LYRICS

1. Tuneladores


Son a sombra e a pedra gris
A goma negra a piques de expandir

Pulverizar aquilo no que non cres
Sabemos chegar, romper e esquivar

Tunelar, dentro
Axuda a perforar

Atacar, a paz social
Retirar o escombro e avanzar

Polo teu futuro, polos que virán
Polo que máis cres ven e axuda a perforar

Ninguén toca a clave deste túnel
Salve ao incansable cargador
Bulóns de aceiro, gunita por pel
Ceban os sentidos, detonan leis

Baixo os pés oes resoar
O pilotador que bate no inmoral

Perder a vida sepultado sen nacer
Non hai parede que faga retroceder


2. Noncredo


Liberar esta condenación
Que tocou sufrir desesperado
Tentei por ti seguir a dura misión
Pois vin caer cos brazos atados

Rompo o cristal
Cos puños sangrando
Penso chegar ao final

Eu vin ao lobo mirar
Crin na néboa sen luz que trae o mar
Busquei razóns por ser sentenciado
E só atopei castigos que cumprir

Non é real noncredo
Sinto fluír teus medos

Rompo o cristal
Non é real


3. Levanta


Caes en un abismo
Abrazando un sueño

Ideas por motor
Frágil tu sustento

¿Cómo (pasado incierto)
has llegado a esto?

Sabes que es el momento
Hay que levantarse

No hay destino escrito
Ni un camino a seguir
Sólo confía en ti mismo
Ahora es al momento, camina o revienta

Ya no hay paciencia
Cruza pantanales

Luce alguna estrella
Que nunca se apague

¿Cuál es el sentido?
¿Dónde está el camino?
En ti está el sentido
Tú haces tu camino

Cual, donde, en ti, hazlo

Levanta


4. DÉixame


Non ves o meu baleiro nestes ollos derrotados?
Non ves o sufrimento cando xa non podo máis?
Primeiro flaxelades ao meu pobo inocente
Logo martirizades e vos vexo desfrutar

Déixame vivir: atrévete
Déixame morrer: xa non podo máis
Mírame co meu corpo destrozado
Espido e humillado e odio ter que chorar

A nosa semente sairá desta impotencia fatal
Será caldo que criará odio que virá
Os meus ósos limparanse baixo o sol e o vento do sur
Que algún día viron nacer a min e a meus irmáns
Tento despegar meus beizos desta fría lousa gris
Alzo a vista para saber quen me fai perder
O peor da vós é o que me fai sufrir
mentiras, manipulación, non vos podo crer

Manchas de sangue marcan o camiño
Que me agarda neste antro do que non sairei
Doado é sentirse deus por un instante
contra un corpo de mans atado que xa nin quere berrar

Déixame


5. Os Brazos De Deus


A Historia minte onde caeron
As ilusións dos que perderon
Por dez milenios filas de seres
Tentan romper tanto silencio

Condéname xa non son teu irmán
Condéname a existir sen estar
Xa non é bo ter ideas que manter
Os brazos de deus soportan o poder

Baixo presión
Manter prisión
A ignorancia mata o saber
Cal é a defensa dos que afogan no perder

A Historia manda unha vez máis
Tantos excesos sen perdoar
Poder non lembra, soes dicir
Mutila signos de revolución

Total control
Mata razón
Cala chora
Medos medran
Lembras morte
Os brazos de deus soportan o poder


6. A Forza Da Blasfemia


Non hai leis que respectar
Non discursos que escoitar
Perdín as ilusións
Con profetas de ficción

A forza romperá
No teu interior
Pura blasfema
Fronte a humillación

Xogo infame ao que perder
Esperanza que non ver
Cita un cambio virtual
Que nunca terás

Unen tristes historias
Que creron nulas promesas
Absurdo é pensar nun futuro
Covarde é seguir enganado

Sen vida que entender
Sen principios que amar
Conciencias perden
O poder de espertar

A forza da blasfemia


7. Donde Muere El Dolor


Bienvenido a la opción que marcan los sueños
Imponiendo la razón al deseo

Y no habrá que huir de afuera a dentro
Sin marcar ni fingir el frío intenso

Retorciendo tu obsesión se va pudriendo
Sumergido en el dolor se agota el tiempo
Y no puedes comprobar, no hay nada…
Sin ver con claridad el final

Más allá, detrás de la barrera
Donde los sentidos inhiben su actividad
Y no hay que despertar, y no hay que despertar
Sin mirar atrás, sin mirar atrás, habrá que llegar

Y no puedes comprobar, no hay nada,…
Sin ver con claridad el final

Donde muere el dolor


8. Nada Que Perder


Pasa cabrón, por fin estás neste lugar
Ti contra min, non podes máis, por convicción
Non hai control, non hai razón sen ideal
O atraso en ti marcou moi ben a dirección

Coñecemos o teu poder
Que permite seguir unha e outra vez
Ben provoca a situación
Xa non hai nada que perder

Volver a caer, un paso atrás e comezar
Así outra vez, nunca parar unha e mil máis
Censúranos, sinálanos, acúsanos
Con pouco dar, podes entrar, non hai moral

Non tes ideas nas que crer só un odio irracional
Non tes sentido para saber que es ti o irregular?
A culpa está na condición que vos permite seguir aí
Por que deixar sen castigar a quen ós mortos non lembrará

Non entender, non querer ver, nunca saber
Convéncete, non pararei debes perder
O xogo está do teu lugar pensas dicir
Pero cabrón, a forza ben da reflexión


9. Rotor


Canto tempo levas agardando a que cambie algo?
Sentirás con razón todo foi parado

Canto tempo levas dominado por este letargo?
Pregarás, sufrirás sen gañar nada a cambio
Cantos anos malgastados lamentas no teu pasado?
Obsesión, frustración, golpean o costado

Non cedas nunca
Rotor

Confundidos matan en nome do integrismo laico
Alienar, transferir para negar o cambio
Asustados por uns medos fabricados polo estado
Detestar, maldicir aos que sempre sinalaron


10. Al Despertar


Cuéntales por qué no pueden subir más
Niégales que nunca evolucionarán
La estructura no se debe alterar
Miénteles, sabes bien que esto jamás se va a equilibrar

Bajo apariencia de leyes perfectas
Creas el juego con tus propias reglas, infame, infame, infame…

Quién te ha dicho que no puedo razonar
Ahora queda claro qué es la igualdad
Ilusionarme, con hacerme respetar
Pero todo es distinto al despertar
Por un instante creí poder escalar
El espacio es demasiado grande…

Rómpeles las ganas de querer triunfar
Ciérrales la puerta y no podrán pasar
La barrera no se puede franquear
Sabes bien que la balanza nunca se compensará

Lo importante es tener respuestas
Que escondan lo que de verdad intentas, infame, infame, infame…

Quién te ha dicho que no puedo razonar
Ahora queda claro qué es la igualdad
Ilusionarme, con hacerme respetar
Pero todo es distinto al despertar
Por un instante creí poder escalar
El espacio es demasiado grande para saltar


11. Ansia


Tempos cegos queiman regras
Os principios non valen xa
O líder di é un sinal
O castigo non quere agardar

Resistir a endemia negra
Que hoxe cae sen poder frear
Resistir o golpe da ansia
Que ambas partes padecerán

Quero saír
Aquí non entra luz
Rezo sen gañar
A absolución

Soños caen, medra a angustia
Gañadores cortan mans
O espexismo desaparece
O loito xoven cruza o limiar


12. A Ira Que Nunca Chega


Tras desa voz
Que vai e ven
Entra e retorna
Un medo come e rise atrás
Non importa, se a ira nunca chegará

Gritei con violencia
E non souben comprender
Gritei e non espertas
No silencio pérdome

Tras desa dor
Que vai e ven
Afoga dentro
Un mundo inmóbil non aprenderá
Non importa, se a ira nunca chegará

Négome a contemplar este delirio
Medo a caer e convulsión, só

Tan doado é non mirar e confundirse
Claudicando por norma e imposición

Tras desa voz
Que adormece
Existe un ente
Un fume denso cégame
Non importa, se a ira nunca chegará


13. Sin Aire


Quién se atreve a imponer
Donde la muerte acecha nada más nacer
Si al final voy a perder
En este lado no nos dieron a escoger

Mis lágrimas no cesan de brotar
Mis lágrimas no mojan, abrasan
Puedo sentirlo sin olvidarlo
Fue el dolor que arrancó todo este rencor

Mira en mis ojos di que ves
Rabia, ira a la vez
Soy incapaz de contener
Respirando sin aire

Siente que va a oscurecer
Que la tierra enmudece ¿qué va a suceder?
Lentamente vas a ver
El suelo desplomándose bajo tus pies

Ahora veo el miedo en tu mirar
Ahora noto el desprecio sin dudar
Amenazado y humillado
El castigo sufrido por no haber perdón

Mira en mis ojos di que ves
Rabia, ira a la vez
Soy incapaz de contener
Sintiéndome desfallecer

Quién no logra entender
Quién bajo sus mentiras quiere someter
Quién otorga el poder
Me has obligado a defenderme



Thanks to invivogrupo for sending these lyrics.


Submits, comments, corrections are welcomed at webmaster@darklyrics.com


INVIVO LYRICS

ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ#
SUBMIT LYRICS LINKS METAL LYRICS - CURRENTLY 13 800+ ALBUMS FROM 4500+ BANDS
- Privacy Policy - Disclaimer - Contact Us -